Esta plataforma de videconferencia vai permitir aos/ás docentes interactuar en tempo real co seu alumnado a través de son e imaxe, compartindo contidos, facendo cuestionarios e exercicos en tempo real e de xeito colaborativo, etc. Dito servizo está dispoñible no enderezo:
Manual Webex. No manual se recolle toda a información de como obter as credenciais de acceso a dito servizo, como acceder, como iniciar unha videoconferencia con máis usuarios, e como comunicarlle a ditos usuarios as distintas formas de acceso (a través de ordenador persoal ou portátil, a través de dispositivos móbiles, ou mesmo a través da liña telefónica -- só voz).
Como solicitar esta ferramenta: A ferramenta está dispoñible para todo o profesorado que imparte docencia en centros públicos de Galicia. Para acceder á ferramenta, os/as docentes reciben na súa conta corporativa un correo para poder activar a conta segundo se indica no manual do apartado anterior. O profesorado que non ten dito correo, pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC).