MÓNICA MARIÑO CALLEJO e MANUEL ÁNGEL GARCÍA GÓMEZ:
abalarMóbil

RESUMO: abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: Acceder aos datos persoais; consultar as cualificacións; consultar e xustificar as faltas de asistencia; consultar as faltas de conduta; solicitar unha cita de titoría, consultar os datos do centro educativo, consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo; consultar as incidencias creadas polo profesorado; modificar o idioma da aplicación.
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.




d
Ver presentación (pdf)


Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:56 PM