Índice |
Lexislación relacionada coa atención á diversidade, o aneae e a función orientadora |
O orientador debe ter un coñecemento xeral da lexislación educativa que apoiará o seu traballo e lle permitirá asesorar adecuadamente á comunidade educativa. Neste documento recollemos a normativa máis directamente relacionada coa atención á diversidade, alumnado con necesidade específica de apoio educativo e orientación educativa. Convén sinalar que, de conformidade coa disposición transitoria décimo primeira da LOE (aplicación das normas regulamentarias) “nas materias cuxa regulación remite esta lei a ulteriores disposicións regulamentarias, e mentres estas non sexan ditadas, serán de aplicación, en cada caso, as normas deste rango que o viñan sendo na data de entrada en vigor desta lei, sempre que non se opoñan ao disposto nela”. Asi, o establecido na normativa previa á promulgación da LOE e da LOMCE e á publicación das disposicións que as desenvolven será de aplicación en todos aqueles aspectos que non as contraveñan. Ao mesmo tempo, cando abordemos calquera tema é conveniente manexar todas as disposicións que o recollen, pois unhas matizan e completan as outras e, nalgúns casos, as modifican. Este documento está pechado a día 7 de xaneiro de 2014.
Alicia Guerrero Seijas |