7.1. Titorías
LOE . Artículo 91. Funciones del profesorado.
1. Las funciones del profesorado son, entre otras, las siguientes:
- a. La programación y la enseñanza de las áreas, materias y módulos que tengan encomendados.
- b. La evaluación del proceso de aprendizaje del alumnado, así como la evaluación de los
procesos de enseñanza.
- c. La tutoría de los alumnos, la dirección y la orientación de su aprendizaje y el apoyo en su
proceso educativo, en colaboración con las familias.
- d. La orientación educativa, académica y profesional de los alumnos, en colaboración, en su
caso, con los servicios o departamentos especializados.
- e. La atención al desarrollo intelectual, afectivo, psicomotriz, social y moral del alumnado.
- f. La promoción, organización y participación en las actividades complementarias, dentro o
fuera del recinto educativo, programadas por los centros.
- g. La contribución a que las actividades del centro se desarrollen en un clima de respeto, de
tolerancia, de participación y de libertad para fomentar en los alumnos los valores de la
ciudadanía democrática.
- h. La información periódica a las familias sobre el proceso de aprendizaje de sus hijos e
hijas, así como la orientación para su cooperación en el mismo.
- i. La coordinación de las actividades docentes, de gestión y de dirección que les sean
encomendadas.
- j. La participación en la actividad general del centro.
- k. La participación en los planes de evaluación que determinen las Administraciones
educativas o los propios centros.
- l. La investigación, la experimentación y la mejora continua de los procesos de enseñanza
correspondiente.
2. Los profesores realizarán las funciones expresadas en el apartado anterior bajo el principio de
colaboración y trabajo en equipo.
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 23/06/09). Art. 10º.
Artigo 10º.-Titoría.
1. Cada grupo de alumnado contará cun titor ou
titora que desenvolverá tarefas relacionadas coa
organización, participación e control.
2. A educación nesta etapa enténdese como un
proceso compartido coas familias que se favorecerá
desde o centro docente a través da titoría, de aí que
a persoa responsable manterá actividades periódicas
para intercambiar información coas familias.
Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 10/07/09). Art. 13º.
Artigo 13º.-Titor ou titora do grupo.
1. Unha mestra ou mestre de cada grupo de alum
nas e alumnos exercerá o labor de titoría e deberá,
baixo a dirección da xefatura de estudos, coordinarse
para unha acción común co profesorado especialista
e mestres con función de apoio e reforzo do
mesmo grupo de alumnos.
2. A persoa titora de cada grupo será designada
pola dirección por proposta da xefatura de estudos,
entre o profesorado que imparta máis horas de
docencia nel. Garantirase a súa continuidade co
mesmo grupo de alumnado ao longo do ciclo.
Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. (DOG, 21/10/96). Xeneralidades. Funcións do titor. Arts 80º e 81º.
Artigo 80º
- 1. A titoría e orientación dos alumnos formará parte da función docente.
- 2. Cada grupo de alumnos terá un mestre titor que será designado polo director a proposta do xefe de estudios.
- 3. O xefe de estudios coordinará o traballo dos titores e manterá as reunións periódicas necesarias para o bo funcionamento da acción titorial.
Artigo 81º
1. Cada mestre titor, ademais das súas tarefas docentes específicas, realizará, cando menos, as seguintes funcións:
- a) Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial e nas actividades de orientación, baixo a coordinación do xefe de estudios.
- b) Proporcionar no principio de curso, ós alumnos e ós pais, información documental ou, no seu defecto, indicar onde poden consultar todo o referente a calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares e criterios de avaliación do grupo.
- c) Coñecer as características persoais de cada alumno a través da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir ese coñecemento.
- d) Coñecer os aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento académico de cada alumno.
- e) Efectuar un seguimento global dos procesos de ensinanza-aprendizaxe dos alumnos para detectar dificultades e necesidades especiais, co obxecto de buscar as respostas educativas adecuadas e solicitar os oportunos asesoramentos e apoios.
- f) Coordinar as adaptacións curriculares necesarias para alumnos do seu grupo.
- g) Facilitar a integración do alumnado no grupo e fomentar a súa participación nas actividades do centro.
- h) Orientar os alumnos dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.
- i) Informar o equipo de profesores do grupo de alumnos das características, especialmente naqueles casos que presenten problemas específicos.
- l) Coordinar o axuste das diferentes metodoloxías e principios de avaliación programados para o mesmo grupo de alumnos.
- m) De ser o caso, organizar e presidir as sesións de avaliación.
- n) Coordinar o proceso de avaliación dos alumnos do seu grupo e adoptar a decisión que proceda referente á promoción dos alumnos dun ciclo a outro, logo de audiencia dos seus pais ou titores legais.
- ñ) Atender, xunto co resto do profesorado, os alumnos e alumnas mentres estes permanecen no centro nos períodos de lecer.
- o) Colaborar co equipo de orientación educativa e profesional do sector nos termos que estableza o mesmo e a xefatura de estudios.
- p) Colaborar cos demais titores no marco dos proxectos educativo e curricular do centro.
- q) Orientar as demandas e inquedanzas dos alumnos e mediar ante o resto de profesores, alumnado e equipo directivo nos problemas que se presenten.
- r) Informar os alumnos do grupo, os pais e os profesores de todo aquilo que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico, con especial atención ós aspectos e medidas tendentes a facilitar a competencia lingüística dos alumnos e alumnas nas dúas linguas oficiais.
- s) Facilitar a cooperación educativa entre os profesores e os pais dos alumnos.
- t) Exercer, de acordo co proxecto curricular, a coordinación entre os demais profesores do grupo.
- u) Cubrir os documentos oficiais relativos ó seu grupo de alumnos.
- v) Controlar a falta de asistencia ou puntualidade dos alumnos, e ter informados os pais ou titores e o xefe de estudios.
- x) Fomentar a colaboración das familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos.
- z) Aqueloutras que se lle puidesen encomendar para o mellor desenvolvemento da acción titorial.
Decreto 130/2007, do 29 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 09/07/07). Art.14º.
Artigo 14º.- Titoría.
1. Na educación primaria, cada grupo de alumnos e alumnas terá un
titor ou titora. A súa actuación deberá coordinarse especialmente coa dos
outros profesores e profesoras que incidan sobre o mesmo grupo de alumnos e alumnas, sen prexuízo da necesaria coordinación co equipo de profesoras e profesores de ciclo e etapa.
2. Na educación primaria, a acción titorial orientará o proceso educativo individual e colectivo do alumnado, sen prexuízo das competencias
e a necesaria coordinación, se é o caso, coDepartamento de Orientación.
3. A persoa titora manterá unha relación permanente coas familias
do alumnado, atendendo á conciliación profesional e familiar, teraas informadas sobre o progreso da aprendizaxe e integración socio-educativa dos
seus fillos/as e escoitaraas naquelas decisións que afecten a orientación
académica e profesional dos seus fillos/as, sen prexuízo, s e é o caso,das
competencias do Departamento de Orientación.