03 Centros de educaciĆ³n especial
Índice tema

3.3. Escolarización en centros e aulas de educación especial. Organización da atención.

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). Capítulo III.

Escolarización en centros e aulas específicos de educación especial
Sección I. Aspectos previos

Artigo 34º.-Orientación do alumnado nos centros específicos de educación especial.

Os centros específicos de educación especial que conten con doce ou máis unidades, ou naqueloutros casos nos que as circunstancias así o aconsellen, contarán cun departamento de orientación que terá entre as súas finalidades principais coordinar as accións específicas que leven a cabo os distintos profesionais que interveñan na atención ó alumnado. Estes departamentos desenvolverán as funcións establecidas con carácter xeral na Orde do 24 de xullo de 1998, incidindo ademais de xeito particular nas seguintes tarefas:

a) Asesorar no deseño, aplicación e avaliación de programas de orientación educativa e profesional na procura dunha satisfactoria integración sociolaboral do alumnado ou da súa incorporación posterior noutros centros educativos.
b) Establecer relacións de coordinación e cooperación cos demais axentes comunitarios que inciden desde os campos educativo, sanitario, social e laboral na resposta ás necesidades educativas especiais atendidas no centro, co fin de identificar conxuntamente os obxectivos, prioridades e estratexias unificadas de intervención.
c) Colaborar coa dirección do centro na xestión dos recursos específicos nel existentes, así como asesorar aos distintos sectores da comunidade educativa
sobre o seu emprego.
d) Impulsar a participación do profesorado do centro en programas de investigación e innovación educativa no ámbito da integración e a atención do alumnado con necesidades educativas especiais.

Estas tarefas tamén serán desenvoltas polos departamentos de orientación dos centros, ou dos que teñan adscritos, que posúan aulas específicas de educación especial, como se determina no artigo 39º desta orde. No caso dos centros de educación especial que non posúan departamento de orientación, as delegacións provinciais establecerán a súa adscrición a un departamento de orientación, que o abranguerá no seu plan de actuaciónficos de educación especial.

Sección III
Aulas específicas de educación especial

Artigo 40º.-Dependencia orgánica das aulas específicas de educación especial.

Cando nun centro ordinario se habilite unha aula específica de educación especial os seus recursos materiais pertencerán ó centro específico de educación especial que se determine. Non obstante, en cada curso escolar, o orzamento para o seu funcionamento dependerá do centro ordinario no que se sitúe a aula. No caso das aulas específicas que se creen ou autoricen nun centro ordinario os recursos materiais pertencerán a este.

Artigo 42º.-Número máximo de alumnos que se poden escolarizar nunha aula específica.

Con carácter xeral, o número máximo de alumnos que poderán escolarizarse simultaneamente nunha aula específica de educación especial nun centro ordinario será de cinco. Excepcionalmente, dependendo das necesidades educativas que se atendan, a Administración educativa poderá autorizar un número distinto.