02 Aneae e anee
Índice tema

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización

Artigo 20.-Informe final na educación primaria e no ensino obrigatorio.

Ó remate da educación primaria e do ensino obrigatorio, o departamento de orientación do centro, ou o que lle corresponda por adscrición, elaborará un informe sobre o proceso educativo do alumnado que fose obxecto de atencións derivadas de necesidades educativas especiais. Nel recollerase unha descrición dos apoios adicionais recibidos, de tipo curricular, organizativo e de acceso ó currículo, se os houbese.

Este informe, que terá carácter confidencial, xuntarase á documentación que se remite ao centro no que o alumno vaia continuae a súa escolarización e estará á disposición da inspección educativa