02 Aneae e anee
Índice tema

Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 09/07/07).

En canto se detecten dificultades de aprendizaxe nalgún alumno ou alumna, o centro educativo deberá poñer en funcionamento as medidas de reforzo educativo que se consideren máis convenientes e que poderán ser tanto organizativas como curriculares. Entre estas medidas encóntranse o apoio dentro do grupo ordinario, o apoio ocasional fóra do grupo ordinario, os agrupamentos flexibles e as adaptacións do currículo.

3. Na educación primaria poderán realizarse adaptacións curriculares que se aparten significativamente dos contidos e criterios de avaliación do currículo, dirixidas a este alumnado con necesidades educativas especiais.

4. As adaptacións curriculares deste alumnado, que estarán precedidas en todo caso dunha avaliación das súas necesidades educativas especiais e da conseguinte proposta curricular específica, realizaranse buscando o máximo desenvolvemento das competencias básicas de acordo coas posibilidades do alumno ou alumna; a avaliación e a promoción tomarán como referencia os obxectivos e criterios de avaliación fixados nas ditas adaptacións.

5. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará o procedemento de autorización das adaptacións referidas neste artigo.

Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 30/11/2007).

1. A avaliación do alumnado con necesidade específica de apoio educativo rexerase, con carácter xeral, polo disposto nesta orde.

2. Sen prexuízo do anteriormente indicado, na avaliación do alumnado que presente necesidades educativas especiais e que curse as ensinanzas correspondentesá educación primaria con adaptacións curriculares significativas, os criterios de avaliación establecidos nelas serán o referente fundamental para a súa avaliación e promoción.