02 Aneae e anee
Índice tema

Decreto 229/2011

AC como medida extraordinaria de atención á diversidade. At. 9º. 3.

1. No marco deste decreto, considéranse medidas extraordinarias de atención á diversidade todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas insuficientes.

2. Para a aplicación das medidas extraordinarias será necesaria a autorización da dirección do centro educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura territorial ou da dirección xeral que proceda, e, se é o caso, informe xustificativo do correspondente Servizo de
Orientación.

3. Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza e da limitación dalgunha a ensinanzas ou etapas específicas, considéranse medidas extraordinarias de atención á diversidade, entre outras, as que seguen:

a) Adaptacións curriculares.
b) Agrupamentos flexibles.
c) Apoio do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou en Audición e Linguaxe.
d) Flexibilización da duración do período de escolarización.
e) Programas de diversificación curricular.
f) Programas de cualificación profesional inicial.
g) Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada a un centro educativo.
h) Grupos de adquisición das linguas.
i) Grupos de adaptación da competencia curricular.