02 Aneae e anee
Índice tema

2.10 Atención ao alumnado procedente do estranxeiro

Programa de inmersión lingüística. Escolarización nun curso inferior. Art. 15º.3.

Artigo 15º.-Atención á diversidade.

3. A escolarización do alumnado que se incorpora tardiamente ao sistema educativo por proceder doutros países ou por calquera outro motivo realizarase atendendo ás súas circunstancias, coñecementos, idade e historial académico.

Cando presente graves carencias na lingua de escolarización do centro, realizará un programa de inmersión lingüística que será, en todo caso, simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios, cos cales compartirá o maior tempo posible de horario semanal, nos termos que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os alumnos e alumnas que presenten un desfase no seu nivel de competencia curricular de máis dun ciclo poderán ser escolarizados nun curso inferior ao que lles correspondería por idade. Neste caso, o centro educativo adoptará as medidas de reforzo educativo máis adecuadas para facilitar a súa integración escolar e a recuperación do desfase curricular. No suposto de superar o dito desfase, incorporaranse ao curso que lles corresponde pola súa idade.