01 Atención á diversidade
Índice tema

Funcións dos titores. Art. 81º, de xeito destacado nos apartados e, i.

1. Cada mestre titor, ademais das súas tarefas  docentes específicas, realizará, cando menos, as seguintes  funcións:

 a) Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial e nas actividades de orientación, baixo a coordinación do xefe de estudios.
 b) Proporcionar no principio de curso, ós alumnos e ós pais, información documental ou, no seu defecto, indicar onde poden consultar todo todo o referente a calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares e criterios de avaliación do grupo.
 c) Coñece-las características persoais de cada alumno a través da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir ese coñecemento.
 d) Coñece-los aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento académico de cada alumno.
 e) Efectuar un seguimento global dos procesos de ensinanza-aprendizaxe dos alumnos para detectar dificultades e necesidades especiais, co obxecto de busca-las respostas educativas adecuadas e solicita-los oportunos asesoramentos e apoios.
 f) Coordina-las adaptacións curriculares necesarias para alumnos do seu grupo.
 g) Facilita-la integración do alumnado no grupo e fomenta-la súa participación nas actividades do centro.
 h) Orienta-los alumnos dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.
 i) Informa-lo equipo de profesores do grupo de alumnos das características, especialmente naqueles casos que presenten problemas específicos.
 l) Coordina-lo axuste das diferentes metodoloxías e principios de avaliación programados para o mesmo grupo de alumnos.
 m) De se-lo caso, organizar e presidi-las reunións de avaliación.
 n) Coordina-lo proceso de avaliación dos alumnos do seu grupo e adopta-la decisión que proceda referente á promoción dos alumnos dun ciclo a outro, logo de audiencia dos seus pais ou titores legais.
 ñ) Atender, xunto co resto do profesorado, os alumnos e alumnas mentres estes permanecen no entro nos períodos de lecer.
 o) Colaborar co equipo de orientación educativa e profesional do sector nos termos que estableza o mesmo e a xefatura de estudios.
 p) Colaborar cos demais titores no marco dos proxectos educativo e curricular do centro.
 q) Orienta-las demandas e inquedanzas dos alumnos e mediar ante o resto de profesores, alumnado e equipo directivo nos problemas que se presenten.
 r) Informa-los alumnos do grupo, os pais e os profesores de todo aquilo que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico, con especial atención ós aspectos e medidas tendentes a facilita-la competencia lingüística dos alumnos e alumnas nas dúas linguas oficiais.
s) Facilita-la cooperación educativa entre os profesores e os pais dos alumnos.
t) Exercer, de acordo co proxecto curricular, a coordinación entre os demais profesores do grupo.
u) Cubri-los documentos oficiais relativos ó seu grupo de alumnos.
v) Controla-la falta de asistencia ou puntualidade dos alumnos, e ter informados ós pais ou titores e o xefe de estudios.
x) Fomenta-la colaboración das familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos.
z) Aqueloutras que se lle puidesen encomendar para o mellor desenvolvemento da acción titorial.